19 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
O IES Antón Losada Diéguez da Estrada celebrou onte o Día da Ciencia en Galego. Fíxoo con interesantes obradoiros organizados polo alumnado de segundo da ESO. Houbo mesas de Xeoloxía, Química, Bioloxía ou Matemáticas nas que se puido aprender sobre a tectónica de placas ou transformar moedas de cobre en moedas de ouro.