CONTENIDO PATROCINADO

O sur de Galicia conta cunha nova experiencia enogastronómica tras a reapertura do Mercado de San Antonio de Tui, despois da modernización e adaptación do edificio situado na rúa Maristas.

Tralo proceso de reformas executado no último ano, o mercado reabre agora as súas portas cun novo concepto con novos servizos para mercar, pasear ou degustar gastronomía local no espazo gastronómico que alberga no seu interior e no que se celebran showcooking, catas, demostracións e interesantes propostas culinarias da man de Isaac Viana do establecemento D´Calle, que traballa con produto local e de tempada e unha proposta de menú de mercado.

Por outro lado tamén é posible degustar os interesantes produtos gourmet (conservas, embutidos, queixos, doces..., etc) de Almacén Urbano.

Peixes, mariscos, carne, froitas e verduras, queixos, pan, flores ou viños forman parte da variada oferta deste espazo imprescindible para mercar produto de confianza e calidade.

A veciñanza e persoas interesadas neste novo espazo poden estar ao día das novidades da oferta así como as actividades lúdicas que se desenvolverán na canle de facebook (Mercado de San Antonio Tui) e instagram (mercado.sanantonio.tui.)

O investimento levado a cabo a través de fondos NextGenerationEU mediante unha liña de axudas do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa para mercados sostibles, contribúe así a mellorar a oferta comercial e turística de Tui mediante o fortalecemento do pequeno comercio e a mellora na calidade do servizo da instalación tudense. Ademais tamén se contemplan medidas de economía circular, formación de comerciantes ou a creación dun escaparate virtual da oferta comercial tudense.

Os novos plans en familia e escapadas de fin de semana teñen en Tui un destino ideal no que comezar a mañá cunha visita polo Mercado de Tui e mercar produtos para a cesta semanal para continuar cun aperitivo no espazo gastronómico antes de dirixirse a pasear polas históricas rúas do casco histórico e a Catedral ou desfrutar da paisaxe á beira do Miño.

A cidade, ofrece ademais diversas opcións para o xantar de mediodía que podes consultar na web local de Tui onde figuran entre outros La de Manu, O Vello Cabalo Furado, Enma Gastrobar ou Beldade.

A proposta complétase cunha experiencia máxica no Monte Aloia onde explorar a fauna, flora e restos arqueolóxicos deste parque natural guiados pola Fada do Monte Aloia que somerxerá aos máis pequenos nunha aventura única nun entorno privilexiado.