CONTENIDO PATROCINADO
OFERCIDO POR MOHEVA

Moheva, a marca creada en Arzúa con retallos téxtiles sobrantes da fabricación de toldos e lonas de TGM-Toldos Gómez, cumpre un ano de andaina. Desde o seu taller seguen a tecer fíos para un mundo máis sostible, confeccionando complementos inspirados en Galicia, versátiles, con estilo, respectuosos co medio ambiente e moi duradeiros. Bolsos, bolsas, carteiras, neceseres ou transportíns en tendencia que se poden atopar en www.moheva.es

Deseños de produción local e con alma sostible

“Cada artigo está elaborado un a un, poñendo mimo en cada detalle. Non é unha produción en cadea”, asegura Ana Mahía, a deseñadora da marca e a persoa que deu o paso para darlle unha segunda vida ao material sobrante dos toldos elaborados por TGM-Toldos Gómez. A orixe destes produtos é unha peza clave, xa que as características técnicas que aportan os retallos das lonas e toldos dan lugar a produtos dunha calidade difícil de atopar no sector: impermeabilidade, durabilidade, gran resistencia...

Moheva e influencers galegos

Esta marca galega, que destaca pola súa exclusividade e mimo no deseño, contou tamén co apoio e a colaboración de creadores e creadoras de contido da nosa terra, que axudaron a dar a coñecer a esencia de Moheva e os seus valores a través das redes sociais. Desde rostros da TVG coma Fran Cañotas e Noelia Rey, pasando por influencers como Vimanstyle, Maru Pardal, Nuria de Konachadas ou Sen Paraxe. Unha marca para todos os públicos, fresca e en liña coas últimas tendencias.

Acerto seguro para Nadal

Co Nadal á volta da esquina, os artigos de Moheva son o agasallo perfecto para estas datas. “Un tesouriño que moi pouca xente ten”, así describe a súa creadora estes complementos únicos e especiais, algúns deles son edicións limitadas. As novas coleccións son perfectas para esta época polos súas cores de tempada: tons terra, verdes, granates, azul eléctrico... Mercando un Moheva, non só se agasalla á persoa, tamén ao planeta.

Ideal para calquera plan e para todos os públicos

Ir de excursión, ao mercado, a tomar algo, de festa ou ata de paseo coa mascota. Unha das cousas que caracteriza a Moheva é a versatilidade nos seus deseños, cun gran rango de prezos e usos. Pódense atopar desde grandes bolsas ou mochilas nas que colle todo o que se poida precisar e máis, ata bolsos de tamaño mediano e estoxos ou neceseres máis pequeniños para levar só o imprescindible.

Descubre más productos en su Instagram (@moheva) y en su Facebook (@mohevarecicla)