«Wenceslao Fernández Flórez sempre exercía de humorista»

Juan Torreiro A CORUÑA/LA VOZ.

A CORUÑA

25 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O escritor e humorista gráfico Siro López será o encargado de abrir hoxe o ciclo de conferencias organizadas pola Asociación de la Prensa de La Coruña dentro das actividades programadas para celebrar o 125.º aniversario do nacemento do escritor e periodista Wenceslao Fernández Flórez. A cita é ás oito da tarde na Aula Sociocultural de Caixa Galicia.

-¿En que aspectos vai incidir na súa charla sobre Wenceslao Fernández Flórez?

-Fernández Flórez foi un gran escritor e un gran periodista, pero sempre exercía nos seus textos de humorista. Hai que recordar que no ano 1945 Wenceslao Fernández Flórez versou o seu discurso de ingreso Real Academia Española sobre a filosofía do humor.

-¿O humor como fío condutor?

-Pero dentro do humor hai autores cómicos, pero os únicos autores humoristas son galegos, como o caso de Castelao, Julio Camba ou o propio Fernández Flórez, que representan aos creadores do humor literario en Galicia.

-¿Cal cree que son os motivos polos que Fernández Flórez é un dos autores galegos máis olvidados?

-Eu creo que un dos principais motivos é porque se aliniou con franquismo. Wenceslao Fernández Flórez foi amigo persoal de Franco na etapa na que dirixiu o Diario de Ferrol , e esa circunstancia eclipsou de algunha maneira a súa magnífica contribución literaria e periodística. Hai que recordar que cando estallou a Guerra Civil, Fernández Flórez tivo que fuxir de España e refuxiarse en Holanda perseguido polos republicanos. Na súa volta, cando vivía en Cecebre, din que tiña unha especie de zulo para esconderse dos escapados.

-¿E cal cre que foi a súa contribución ao humor galego?

-Fernández Flórez está recoñecido nas letras españolas pero tamén escribiu en galego. A pesar das súas inclinacións ideolóxicas, hai que destacar textos con críticas sociales coma El secreto de Barba Azu o Las siete columnas, ou as súas crónicas orixinales parlamentarias recollidas no libro Impresiones de un hombre de buena fe (1964).

-¿Wenceslao Fernández Flórez é un referente para vostede no humor?

-Pode haber similitudes co meu humor pero el sempre mantiña un distanzamento coas súas historias e os seus personaxes, algo que eu non practico. No meu caso me involucro máis en todo o que escribo.