
Culleredo acolle varios actos co gallo do aniversario do seu pasamento
19 ene 2014 . Actualizado a las 07:00 h.Xácome Santos (A Coruña, 1954) é o secretario da Irmandade Moncho Valcarce, que xurdiu tan só un ano despois da morte do que fora tenente alcalde de Culleredo e que leva dende entón traballando para poñer en valor a súa figura.
-¿Como xurde fai 20 anos a Irmandade?
-Nun principio era para reivindicar a figura de Moncho e porque pensabamos que non ía a ter o recoñecemento que lle correspondería como todos os anos e na actualidade confirmamos que non o tivo.
-¿De quen é a culpa?
-Eu penso que non tivo recoñecemento a ningún nivel. A Igrexa nunca lle importou moito o papel que xogou Moncho, incluso dentro da propia Igrexa, como unha persoa progresista, cambiou de tendencias, cambiou a forma de facelas misas; e a nivel institucional nin a Xunta de Galicia nin ninguén se preocupou de destacar a labor de Moncho, e incluso dentro da esquerda nacionalista pensamos que tampouco houbo recoñecemento ningún.
-Non así non Concello de Culleredo...
-O Concello é das poucas institucións que si se preocupou de destacar a figura de Moncho, porque ademais foi tenente de alcalde do Concello de Culleredo. Incluso ten unha biblioteca chamada Moncho Valcarce, que inaugurou no seu día o alcalde de Culleredo, unha rúa... neste Concello non hai queixa pola nosa parte, non quita que canto máis se poda facer mellor. Culleredo foi bastante respectuoso coa figura de Moncho, non así outras institucións, como a Xunta. Non esquezamos que o país non está tan farto de líderes, e eu creo Moncho é un dos homes que tiña que estar no Panteón dos Galegos Ilustres por todo o traballo que fixo, mobilizacións, sensibilización, todo o liderado que desempeñou.
-¿Que foi o máis importante que fixo Moncho Valcarce por Culleredo? Tivo un importante papel veciñal...
-Creo que non me equivoco cando digo a que primeira vez que se colocou unha bandeira galega o Día das Letras Galegas foi no Concello de Culleredo, agora é unha cousa normalizada, pero daquela as Letras Galegas no se celebraba a nivel institucional. El conseguiu que a nivel institucional se celebrara ese día, despois a labor que fixo a nivel cultural por todo o Concello, e sobre todo dando participación os cidadáns, foi inmenso nunha época onde non había nada.
-Desde a Irmandade, ¿que estades a facer para poñer en valor a súa figura?
-Aparte de diversas publicacións que fixemos cos textos inéditos que había de Moncho que durante moitos anos estiveron agachados e cando puidemos acceder a eles publicamos, aínda que hai que dicir que o último libro é da editorial Trifolium, Temos esta exposición que quizás sexa un dos valores mais importantes, unha mostra que xa recorreu mais de cen concellos de toda Galicia, de 22 paneis onde repasamos a figura de Moncho e a historia recente contemporánea de Galicia tanto en canto Moncho liderou todas as loitas que houbo neste país, empezando polas Encobras, Baldaio... O mesmo tempo tamén estamos intentando facer un centro de documentación agraria, xa que fundamentalmente era agrarista, temos deuvedés da súa vida e os premios Moncho Valcarce, que levan vinte anos celebrándose, que teñen dúas categorías a defensa e a promoción da terra.
Xácome santos secretario da Irmandade Moncho Valcarce