Cos axustes de persoal nas grandes compañías tecnolóxicas non anticipan crise nin teñen impacto real na nosa economía. Son os vaivéns propios de mercados de inversión e traballo máis dinámicos.
Aquí, o sector da Informática goza de moi boa saúde, e a perspectivas son aínda mellores. Está inmerso en proxectos de transformación dixital dunha relevancia e impacto sen precedentes, pero limitados na súa execución polo déficit de talento: máis de cen mil profesionais a nivel nacional. Promovemos as vocacións STEM en secundaria pero a última lei de Educación, a LOMLOE, nega o seu carácter de materia propia.
Sendo transversal, persistimos no mito de que inventen outros (que programen outros!). Galicia é a Cidade das TIC e a sede da Aesia, cunha Facultade de Informática da UDC xermolo de proxectos senlleiros. A nosa comunidade é sinónimo de calidade no sector. Con todo, precisamos de máis mozos, e sobre todo mozas que estuden, traballen e emprendan dende Galicia para o mundo. Iso apuntalará o noso progreso económico e social, porque Galicia será dixital ou ,senón, non será!
Guillermo López Taboada é catedrático de Enxeñaría Informática e director executivo de Torusware