Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Elas poñen o seu nome ás aulas do IES Rego de Trabe, en Culleredo

Maruja Campoviejo A CORUÑA

A CORUÑA

GONZALO BARRAL

A presentación tivo unha convidada moi especial: Esther Estévez, a cara visible do programa «DígochoEu» e unha das mulleres escollidas para nomear un espazo

11 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Rego de Trabe, en Culleredo, levou a cabo unha iniciativa moi especial para conmemorar o 8M e manter vivo o seu impacto ao longo do tempo. Grazas ao labor de Pablo Cobas Roca, profesor de Xeografía e Historia e coordinador do equipo de Dinamización da Lingua, e de Andrea Martínez de la Iglesia, profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do equipo de Biblioteca, o alumnado investigou sobre mulleres galegas destacadas en ámbitos como a ciencia, a literatura e a arte. Cada grupo de estudantes, coa axuda do seu titor, escolleu o nome dunha muller relevante para dar identidade á súa aula, resaltando así achegas que, en moitas ocasións, quedaron no esquecemento.

A presentación tivo lugar este luns cunha convidada moi especial: Esther Estévez, a cara visible do programa DígochoEu e unha das mulleres escollidas para nomear un espazo. O acto tamén contou coa presenza de Elena Roca, xogadora de rugby, que foi elixida para dar nome ao ximnasio do centro. A iniciativa contou co apoio das concelleiras de Educación e de Benestar Social do Concello de Culleredo. Con este proxecto, o IES Rego de Trabe non só rende homenaxe a mulleres galegas influentes, senón que tamén fomenta o coñecemento e a visibilización dos seus logros dentro da comunidade educativa.