El BNG alerta del derribo de un muro de la rectoral de Guísamo

D. Vázquez BERGONDO

BERGONDO

BNG de Bergondo

Cuestiona que en 12 años el gobierno municipal el Concello de Bergondo no adquirirse el inmueble

12 mar 2024 . Actualizado a las 12:07 h.

El BNG lamentó este martes la caída a última hora de la tarde del lunes de una parte de la rectoral de Guísamo. «Hai 12 anos que comezamos a traballar para que o Concello adquirise a reitoral e a rehabilitase para patrimonio público, pero os sucesivos gobernos nunca demostraron un interese real na súa recuperación. Pensamos que a creación da nova concellería de patrimonio, a partir das municipais de maio, contribuiría a que se avanzase neste tema, mais, a día de hoxe, non se lle coñece acción algunha», indicó el portavoz municipal nacionalista, David Carro. 

«Hai anos chegou a haber negociacións co Arcebispado, propietario do inmóbel, pero non se alcanzou un acordo e nunca máis se volveu a intentar. No BNG insistimos en múltiples ocasións, a última aínda no pasado pleno de xaneiro, xa que era evidente que os sucesivos invernos estaban danando esta construción», indicó.

«Insistimos tamén en que, en caso de non chegar a acordos, o goberno local apremara ao Arcebispado a tomar medidas para garantir a seguridade, máxime cando enfronte desta casa reitoral se sitúa un espazo de lecer moi concorrido», puntualiza. Destaca que está enfrentada al parque infantil, parque biosaludable y pista polideportiva y es fundamental mantener la seguridad y, de no ser así, pasar por aplicar las sanciones previstas en la normativa.

«Hai un ano a concellería de Urbanismo de AV anunciou unha sanción, no mesmo lote que a que se pensaba impor á Xunta polo estado do Ligal, sancións ambas desmentidas a posteriori pola alcaldía. Que pasaría se chega a caer enriba dunha persoa, ou dun neno ou nena dos que acoden a xogar ao parque? Non se pode xogar coa seguridade da veciñanza», afirma Carro. 

«Resulta lamentáble esta importante perda patrimonial, en pleno centro de Guísamo, que rehabilitada para uso público podía ser a mellor homenaxe ao falecido señor García Verdía. É a segunda oportunidade que o goberno local de AV e do PSOE deixan escapar despois da Casa Cortés. O goberno local afunde igual que esta reitoral, ou as beirarrúas de Gandarío», estima el portavoz nacionalista. 

La alcaldesa de Bergondo, salió al paso de estas declaraciones. «Este derrubamento require, máis que nunca, que a Igrexa tome, dunha vez por todas, a decisión de vender o edificio ao Concello para que nós poidamos rehabilitalo e darlle un novo uso.Levamos anos en negociacións, a última oferta presentámola o ano pasado. Insistimos en que é imprescindible que sexa unha venta, non unha cesión. A nosa intención é clara, adquirir o inmoble para reformalo por completo e que sexa un espazo de uso para a veciñanza. Agardamos que a Igrexa entre en razón. Ademais, dentro desa mesma oferta tamén incluímos a compra da reitoral de Lubre, na que tamén pretendemos facer unha actuación similar», indicó la regidora Alejandra Pérez Máquez.