?ende o pasado día 1 de nadal a oficina situada no número 27 da rúa da Constitución do Temple presta servicio dende as oito e media da mañá ata as dúas e media da tarde. Os venres e sábados a oficina permanece activa de 9.30 ata as 13.00. Fontes de Correos explicaron que, xunto a ampliación de horarios, tamén se fixeron melloras noutros aspectos, como informatizar os postos de atención ó público. As mesmas fontes detallaron que esta sede xa non depende doutra situada na Coruña, motivo polo que xa se poden enviar telegramas, faxes ou xiros postais, entre outras misivas de forma directa. Ademais, ofrece todas as solucións das oficinas multiservicios. Teixeiro Outra das oficinas da comarca que sufriu cambios foi a situada en Teixeiro. Os responsables da entidade postal aseguran que a central da plaza de España ampliará o horario de forma similar a de O Temple. Asimesmo, esta central tampouco dependerá de Betanzos e será, tamén o igual que a de Culleredo, una estación multiservicio, na que se poderán realizar todo tipo de envíos sen intermediarios.