Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Spaniel continental enano coruñés vence en Silleda

ANDREA OTERO / R. R. LALÍN / LA VOZ

A CORUÑA CIUDAD

cedida

O «Best in Show» desta 95ª edición competiu contra outros 386 cans

11 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O spaniel continental enano Graceross Zalomes Biforis proclamouse o gañador da 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA. Pertence a José Luis Santiago Pier, de A Coruña. Este exemplar competiu contra outros 386 cans que participaron nas finais de adultos.

O segundo posto foi para o staffordshire bull terrier Storm Blackstaff Jagger, de Saoia Aresti e Jorge Méndez, de Biscaia. O terceiro posto acadouno o can de raza rhodesian ridgeback Charly de la Muela de Cortes, de Madrid.

Estes exemplares foron escollidos os mellores da competición entre 386 cans que competiron ans finais da categoría «Adultos».

Ademais, no resto das categorías, tamén se elexiu aos tres mellores. En «Moi Cachorros» o vencedor foi o golden retriever Top Pride’s Light Up Like Dynamite, de Alicante. En «Cachorros» o gañador foi o border collie Wild Storm Blind Love, de A Coruña. En «Xóvenes» o gañador foi o bullmastiff Sir Oliver Twist da Casa Alto Cristelo, de Portugal. En «Veteranos» foi o teckel miniatura de pelo corto Line of Life Illinois, de A Coruña.

En «Razas Españolas» gañou o can de presa canario Palmera del Calabazo, de Las Palmas.

Nesta 95ª edición participaron un total de 455 exemplares procedentes de distintos puntos de España, Portugal, China e Estados Unidos. Foron valorados por dez xuíces que tiveron en conta a morfoloxía, os movementos e o carácter dos cans. A esta proba uníronse os monográficos de Mastín, Teckel e Bulldog Francés.

Hoxe disputarase a 96ª edición desta competición nacional e a 42ª Exposición Internacional.