A Túa Xanela abre en Curtis a súa primeira tenda da provincia de A Coruña
A operadora de fibra óptica, creada nunha aldea de Lugo y que supera xa os 20.000 servizos, quiere dar cobertura na primeira fase a máis de mil vivendas do municipio , para posteriormente chegar ao 100% do concello.
A Túa Xanela é un operador nado nunha aldea da provincia de Lugo co obxectivo de levar a fibra óptica ao rural galego. Fundado fai dous anos por profesionais que decidiron deixar os operadores nacionais para embarcarse neste proxecto que xa supera os 20.000 servizos.
Tese a idea errónea dunha Galicia rural moi atrasada, pero o certo é que moitas aldeas teñen actividade económica moi relevante.Dende o equipo que conforman A Túa Xanela están moi orgullosos na provincia de Lugo de subministrar fibra a un gran número de granxas robotizadas, casas rurais, e a numerosas empresas sitas no rural galego.
Levan a fibra onde máis se necesita tanto para zonas residenciais como para empresas. Cada dia se esforzan para expandir a súa rede en colaboración con Rede Aberta e Adamo, e traballan na creación de novos servizos para os seus clientes.
Contan cunha mestura de tendas propias e distribuidores autorizados e hoxe amplian a súa rede abrindo a primeira tenda na provincia de A Coruña.
Deciden abrila en Curtis por axustarse o fin de acabar ca fenda dixital das aldeas de Galici e darán servizo nesta primeira a fase a máis de 1000 vivendas en Curtis, pero esperan chegar o 100% do municipio.
A nova tenda está ubicada na Rúa Alcalde Espiñeira 50.