PP y BNG vuelven a concurrir en solitario a las municipales
12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Vilasantar se publicita como un «refuxio natural» y un concello verde. Con una población de 1.239 personas, que lo convierte en el que tiene menor número de vecinos del área, en las municipales solo dos fuerzas vuelven a medirse en las urnas, las dos únicas con representación en la corporación, el PP, que tiene seis ediles, y el BNG, con tres.
Pérez Fernández (PP): «Hai que centrarse nas persoas»
O candidato á reelección polo PP e que leva sendo cabeza de lista dende o 2011, Fernando Javier Pérez Fernández (A Coruña, 1972), define Vilasantar coma un «concello rural, eminentemente agrario e cada vez más forestal».
—Que considera que deixa como logros neste mandato?
—O principal é que o mandato, non para min senón que supoño que foi para todos, foi moi complexo, moi difícil porque o covid condicionounos. Iso cambiou moitas prioridades que tiñamos. Tamén nos ensinou moito, no meu caso, ensinounos en Vilasantar que había que centrarse nas persoas. Uns dos logros para min máis importantes foi mellorar a vida das persoas do meu pobo, sobre todo a da xente maior, que considero que foi a grande sufridora desa etapa que durou máis de dous anos. Nós fortalecemos os servizos de axuda no fogar e hoxe en día podemos dicir que podemos dicir que contamos con 15 persoas traballando a xornada completa. Damos 20.000 horas ao ano os nosos veciños maiores. Tamén daquela, o covid serviu para chamar aos veciños e saber as súas inquedanzas e levábamoslle á compra e os medicamentos. A partir de aí aprendemos que había que ter un servizo de transporte que a día de hoxe mantemos. Fixemos un novo servizo de atención temperá para todos aqueles pequenos de 6 anos para baixo que teñen algún problema e creamos unha oficina de atención ao inmigrante.
—Que quedou por facer?
—Sempre quedan moitas cousas por facer, que se vai facer loxicamente nesta lexislatura. Fomos un Concello tamén que nos centramos no coidado ao medio ambiente e levamos un premio polas nosas iniciativas, comezamos cunha brigada de seguimento do lixo e inauguramos un punto de verde cunha biotrituradora que lles prestamos aos veciños, demos charlas sobre a reciclaxe e repartimos biocomposteiros.
—Que proxectos van no seu programa agora?
—Na anterior lexislatura mercamos un terreo de 10.000 metros cadrados, para dar servizo ao concello. Agora, xa conseguimos os cartos, queremos construír unha grande nave almacén para os vehículos e servizos municipais. O Concello precisa dun almacén. Un dos proxectos que temos en mente está relacionado co medio ambiente e xa temos un novo punto limpo, desbotando o look industrial ao que se asocian, senón centrado na arquitectura bioclimática, de construción sostible e que explotaríamolo nós. Outro proxecto importante é un impulso do turismo natural, temos dúas rutas de sendeirismo fermosas, e tamén temos sorte de ter o Camiño Norte, no que logramos revitalizar como un albergue a casa reitoral de A Laxe e queremos seguir mellorando a súa contorna.
Álvaro García Freire (BNG): «Hai que sanear o Concello»
Álvaro García Freire (Vilasantar, 1957) é o candidato por el BNG e é a segunda vez que se presenta como cabeza de lista en Vilasantar. Fíxoo con pouco máis de 20 anos, daquela como independente, aínda con unha formación auspiciada polo BNG. Tras xubilarse na Deputación, os compañeiros de formación consideraron que tiña máis tempo libre para asumir este compromiso.
—Como viu estes últimos catro anos?
—O noso principal problema é unha falta de ideas e temos un concello moi empeñado. O primeiro que faremos é sanear as contas. No ano 2022 ingresamos 1.800.000 euros e o goberno do PP rematou o ano cunha débeda de máis de 400.000 euros en gastos xerais. Ademais, o fiscal do Tribunal de Contas iniciou un procedemento contra o alcalde para que devolva os cartos do quilometraxe e das dietas (cerca de 8.000 euros) e a maiores vai a analizar tamén o aumento dos 6.000 euros anuais que fixo no ano 2019, para escapar ao control do BNG. O alcalde subiuse o soldo 6.000 euros dun golpe pasando a cobrar 36.500 e xustificando que así non cobraba dietas e quilometraxe.
—Que bota en falta no Concello?
—Somos un Concello moi envellecido e boto en falta que haxa máis horas de axuda a domicilio, ao mesmo tempo esas horas son subvencionadas pola Deputación e o noso Concello pide poucas. Ao mesmo tempo precisamos un centro social para que esta xente maior se reúna, fale e dinamicen entre eles, porque o problema é a soidade. Estamos falando de que vas pola casas e ves xente soa, vai a persoa de axuda a domicilio unha hora, pero o resto do día pásano sós e temos que buscar o xeito de que teñan con que falar. Hai que facer un centro social.
—Máis alá do eido social, que estima que precisa Vilasantar?
—Somos un concello rural e temos moitos quilómetros de pista, botamos en falta un mantemento constante.Un dos problemas que hai aquí é que non hai un plan de aglomerados. Se facemos un cachiño aquí e outro alí non temos posibilidade de facer nada continuo. É preciso un plan de traballo e que haxa unha dirección. Ao respecto da proposta do novo punto limpo, teño que dicir que no BNG sempre apostamos polo medio ambiente e por proxectos innovadores. É importante a construción do punto limpo no que o Concello vai investir 399.300 euros e que conta con aula de natureza e taller de reciclaxe. A maiores necesitaremos acondicionalo e ter persoal que o atenda. é un proxecto interesante, pero ao mesmo tempo dá medo porque cando preguntamos no pleno contestounos que non ten ningún estudo de viabilidade, nin económico do que vai custar mantelo. Falta explicar cantos traballadores vai ter, como os imos a pagar e o volume de lixo que temos que manexar para que non ocasione perdas. A día de hoxe, ademais, non temos un convenio con outros concellos para abaratar custes.