Raquel Miragaia presenta hoxe o libro de relatos curtos «En tránsito»

La Voz

CULTURA

23 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A escritora Raquel Miragaia presenta hoxe na Fundación Caixa Galicia de A Coruña baixo a organización da Agrupación Cultural O Facho un libro de relatos curtos baixo o título de En tránsito. Raquel Miragaia debutou no mundo da edición literaria no ano 2002, cando publicou o seu primeiro volume de relatos curtos baixo o título de Diário Comboio, que estaba acompañado de fotografias de Luz Castro. As súas narracións trataban temas como a realidade dunha aldea galega ou o mundo da docencia.