Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xosé Lois Ladra gaña o Vicente Risco de Ciencias Sociais cun traballo sobre a pesca fluvial tradicional

La Voz

CULTURA

09 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O arqueólogo Xosé Lois Ladra Fernández gañou o décimo terceiro Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais polo traballo A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras . Está dotado con 6.000 euros e a publicación do texto na editorial Sotelo Blanco.

O xurado, formado por Fernando Acuña Castroviejo, Teresa Devesa Graña, Luís Martínez Risco-Daviña, Francisco Fernández Rei e Xosé María Eguileta destacou entre os méritos o manexo de fontes documentais e o interese para revalorizar a arquitectura tradicional do país. A investigación está centrada nas pesqueiras ou caneiros de Herbón (baixo Ulla), Portomarín (alto Miño) e Arbo (baixo Miño), e usa perspectivas histórica, etnográfica, antropolóxica, arquitectónica, ictiolóxica, toponímica e lingüística.