Quince mil euros para o Premio de Poesía Espiral Maior

La Voz

CULTURA

31 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O vindeiro 20 de xuño remata o prazo de recepción de orixinais para o 16.º Premio de Poesía Espiral Maior, que a editorial convoca en Galicia e Portugal para libros escritos en galego e en portugués, inéditos e cun mínimo de 600 versos.

Trátase dun dos certames poéticos máis importantes do ámbito peninsular ibérico. O premio, patrocinado por Ámbito Cultural El Corte Inglés, está dotado con 15.000 euros, o que fai del o primeiro de Galicia pola súa contía e un dos máis elevados para a poesía na Península.