An Alfaya acudiu á entrega do premio cunha chapiña de Luis Eduardo Aute na solapa «a modo de talismán». A escritora pode atribuír á presenza icónica do cantautor o resultado do xurado. Pero é máis certo que gañou o premio de La Voz pola calidade da súa prosa e a intelixencia do argumento.
-¿Cáles son as fontes literarias de Alfaya?
-Sigo sendo moi lectora da literatura latinoamericana. E digo sigo porque xa hai moitos anos que devoro os libros de Gabriel García Márquez, Mario Vargas Llosa, Ernesto Sábato... todos eles seguen a ser os meus referentes.
-¿E na literatura nacional e galega?
-Sobre novela galega leo moito aos meus contemporáneos. Sobre o ámbito español, hai unha figura e un xeito de escribir que me atrae moitísimo. É Luis Landero.
-E o seu «Juegos de la edad tardía»...
-A mellor con diferenza. Non todas teñen a súa altura. Desgraciadamente, non se prodiga moito en publicar, pero cada libro que saca segue a ter unha prosa limpa, redonda, bonita... Cando sexa maior gustaríame escribir como el. Pode soar forte, pero soñar sempre podemos.