Factoría K vén de publicar a tradución ao galego do «best-seller» escrito polo nonaxenario francés Stéphane Hessel
28 mar 2011 . Actualizado a las 17:42 h.Factoría K vén de publicar Indignádevos!, a tradución ao galego do best-seller escrito polo nonaxenario francés Stéphane Hessel. O libriño, que en Francia leva facturados dous millóns de exemplares, é un chamamento á xuventude para que se rebele contra a actual «ditadura dos mercados» e contra a pasividade coa que a sociedade europea está a recibir os axustes impulsados polos Gobernos coa escusa da crise económica. O manifesto espertou unha gran polémica en Francia polas súas críticas ao Estado de Israel pola súa actuación no conflito palestino. O texto de Hessel está precedido na edición galega por un limiar de Manuel Rivas titulado A nova conquista do pan, no que analiza a necesidade da contestación cidadá á actual desidia de moitos segmentos da sociedade. O libro foi traducido ao galego por Fernando Moreiras.