
É un tratado en trece capítulos sobre como se preparan as contendas e como se arman os exércitos
15 abr 2013 . Actualizado a las 06:00 h.Teófilo Edicións acaba de publicar a primeira versión en galego dun libro que ten sido libro de cabeceira de grandes estadistas, dos bos e dos malos. A arte da guerra, de Sun Zi, é un tratado en trece capítulos sobre como se preparan as contendas e como se arman os exércitos. A pesar de ser un manual escrito posiblemente trescentos anos antes da nosa era, as súas sucesivas edicións ao longo da historia mantéñeno vivo.
A edición que acaba de publicar Teófilo é a primeira en lingua galega, cunha tradución realizada por Xulio Ríos e coa singularidade de que, ademais do texto en galego, ofrece tamén o orixinal en chinés.
Segundo a editorial, a importancia do libro, que serviu de manual en numerosas academias militares de todo o mundo, sobordou a argumentación bélica para ser tido en conta tamén como un manual de relacións internacionais. Aínda que, segundo o seu tradutor galego, non habería que descartalo á hora de tratar as relacións comerciais ou financeiras.
A singularidade desta edición, ademais do seu carácter bilingüe galego chinés, está tamén nunha edición coidada na que o volume de pequeno formato preséntase dentro dunha bolsa de tea, impreso sobre un papel que imita ao papel de arroz e con ilustracións procedentes da época en que probablemente se escribiu o libro.
Xulio Ríos é o responsable desta tradución ao galego do clásico. Ríos é na actualidade o director do Igadi e do Observatorio da Política China.
Sun Zi foi un xeneral chinés e o seu libro está argumentado arredor dos xeitos de entender e preparar o combate. Aínda así o xeneral chinés consideraba que a mellor vitoria é a que se consegue sen combater e tamén advertía que a arte da guerra está baseada fundamentalmente no engano.
Manuel González González presentará esta mañá a súa candidatura para presidir a Real Academia Galega. O académico descartou a posibilidade dunha lista de consenso co outro candidato, Xesús Alonso Montero, pero sinalou que deixará dúas prazas sen pechar na súa lista por se é posible alcanzar un acordo coa outra proposta.
Almudena Grandes y Enrique Vila-Matas han pasado a engrosar la lista de grandes autores de la literatura de adultos que se atreven con la escritura para niños con los cuentos ¡Adiós Martínez! y Niña, respectivamente. Las dos obras se incorporan así a la colección Mi primer.., de la editorial Alfaguara, coordinada por el escritor y académico Arturo Pérez-Reverte.
El Ficomic, que se celebra anualmente en Barcelona y que ayer cerró sus puertas, alcanzó la cifra de 106.000 visitantes, igualando los números registrados en la edición del año anterior. En los premios de este año se ha distinguido a Ardelén, de Miguelanxo Prado, como mejor obra publicada en España en el 2012.
O vindeiro venres comezará en Ferrol a feira do libro, a primeira das que se celebrarán en toda Galicia ata o mes de agosto coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. As casetas dos libros percorrerán A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Viveiro, Foz, Monforte e Rianxo, o que supón catro citas máis que as celebradas durante o pasado ano.