A exposición terá como punto de partida as medallas conmemorativas que cada ano edita o Parlamento e que están realizadas polo debuxante Siro López e polo escultor Manuel Ferreiro
21 may 2013 . Actualizado a las 12:47 h.O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, entrevistouse onte coa presidenta do Parlamento de Galicia, nunha das primeiras visitas institucionais desde que o académico foi elixido presidente. Montero e Pilar Rojo acordaron a produción dunha mostra sobre as figuras homenaxeadas durante os cincuenta anos do Día das Letras Galegas.
A exposición terá como punto de partida as medallas conmemorativas que cada ano edita o Parlamento e que están realizadas polo debuxante Siro López e polo escultor Manuel Ferreiro.
A mostra será exhibida en primeiro lugar na propia sede parlamentaria e logo realizará unha itinerancia por distintas localidades galegas. Ademais do Parlamento, na organización da actividade participarán a Real Academia Galega e a Consellería de Cultura e Educación.
Nesta primeira visita institucional ao Parlamento, a súa presidenta mostrou a Alonso Montero a medalla elaborada este ano para celebrar a Roberto Vidal Bolaño, unha distinción que xa se pode ver na sala do Día das Letras Galegas da cámara.