O BNG atribúe a decisión a unha inxerencia do PP

redacción / la voz

CULTURA

12 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O BNG considera que a elección de Filgueira Valverde como protagonista do Día das Letras Galegas «é consecuencia da inxerencia política do PP e do propio executivo da Xunta», polo que presentará una interpelación no Parlamento para que explique «se ten previsto respectar a independencia de institucións como a RAG». «A escolla de Valverde é unha aposta política non entendible sen interferencias do poder político que pretende parasitar institucións como a RAG», segundo denunciou a portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Ana Pontón, quen criticou que o primeiro anuncio da elección fora transmitido nas redes sociais polo secretario xeral de Política Lingüística.