Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Casa de Rosalía de Castro de Padrón reabre co museo renovado

Uxía López Rodríguez
uxía lópez PADRÓN / LA VOZ

CULTURA

MERCE ARES

A planta baixa incorpora material audiovisual e, en breve, audioguías

25 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada na Matanza, no concello coruñés de Padrón, reabriu onte ao público coa planta baixa totalmente renovada e cunha museografía adaptada aos novos tempos e as novas lecturas da obra da escritora.

Coa reforma da planta baixa da casa, que firma o deseñador Pepe Barro, as liñas museográficas mesturan a exposición de pezas senlleiras, coma o retrato da escritora feito por Modesto Brocos, coa reprodución de documentos de arquivos e bibliotecas, como manuscritos ou edicións especiais.

Tamén destaca a incorporación de material audiovisual e, proximamente, de audioguías, incluídas no prezo de entrada, que posibilitarán acceder aos contidos e facilitarán a visita en galego, castelán e inglés. A planta baixa queda agora divida en varios espazos que tocan a casa como institución e a vida e obra da escritora.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, foi o encargado de explicar as melloras ao responsable da Deputación, Diego Calvo, e aos alcaldes de Padrón, Rois e Dodro, que onte visitaron a casa. A reforma da planta baixa foi costeada no 80 % polo organismo provincial, que aportou 32.000 euros.

Angueira agradeceu a achega da Deputación e adiantou que queda pendente a reforma da primeira planta da casa para completar a súa renovación.