«Temos autores de varias xeracións, e iso asegura o futuro da historieta»

Fernando Molezún A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

EDUARDO PEREZ

Hoxe arranca a nova edición do salón do cómic da Coruña

10 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Dezaoito anos leva celebrándose na cidade da Coruña Viñetas desde o Atlántico, o salón do cómic que, neste tempo, soubo converterse nun referente da historieta a nivel nacional. O culpable desta cita coa banda deseñada que abre hoxe as súas portas é, dende as súas orixes, o autor Miguelanxo Prado.

-Chega á maioría de idade o salón do cómic. Hai quen pensaba que habería algunha exposición de autores de cómic para adultos, como Manara...

-Non estaría mal... De todos os xeitos, a xente que se achegue pola exposición de Ana Miralles levará unha sorpresa nese sentido. É moi agradable ver como unha muller con tanta experiencia trata o erotismo dende un punto de vista feminino.

-Precisamente esta edición conta con unha nutrida presenza feminina entre os convidados. ¿Foi intencionado ou simplemente xurdiu así?

-A verdade é que foi unha casualidade. Comezamos a realizar as listas de posibles convidados e decatámonos de que había moitísimas mulleres en comparanza con edicións anteriores. Ademais, o cartel fíxoo Montse Martín.

-É dicir, que fronte o que sempre pasou, no cómic actual predominan as autoras.

-Dende logo que as convidadas están aquí por méritos propios e non polo feito de ser mulleres. Están aquí polo seu traballo, e iso pon de manifesto que a presenza da muller na banda deseñada xa non é algo anecdótico, senón que estar a facer unha obra fundamental para entender o cómic moderno.

-Entre as autoras hai dúas, como Ana Oncina (Croqueta y Empanadilla) ou Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) convertidas en fenómenos que van máis aló do ámbito do cómic.

-Son propostas que evidencian o cambio que se está producindo en todas as linguaxes expresivas que están vivas, que teñen que adaptarse aos cambios dentro do consumo cultural. Son autoras moi novas que teñen chegado a públicos que inicialmente non son seguidores da banda deseñada, así que aportan novos lectores.

-Esa é outra, a diferenza de idade entre autoras convidadas como Ana Miralles e Ana Oncina é significativa.

-Iso é o que asegura o futuro da historieta e amosa a súa boa saúde. Ter un panorama homoxeneizado a nivel xeracional, por moi exitosa que sexa a situación, pode deberse a algo coxuntural, non indica que exista un interese que vaia a perdurar.

-Polo demais é un plantel de convidados moi heteroxéneo.

-Temos unha enorme diversidade de estilos, temáticas e procedencias creativas. Non hai unha corrente ou unha moda clara. E creo que isto garante en boa medida que haberá unhas propostas de inmensa calidade nos anos vindeiros.

-A presenza de Keko era algo obrigado tras a publicación de Yo, asesino, un dos cómics do ano.

-Foi un comentario xeralizado dentro da profesión e da organización de Viñetas: tiña que estar no salón. Na súa exposición podemos ver unha evolución, un proceso de madurez espectacular. Sen saír dos seus elementos habituais, co seu branco e negro, logrou crear un discurso visual propio co que superou a todas as referencias que sempre citaba a crítica cando falaba da súa obra, como Charles Burns.

Una exposición sobre la relación entre la viñeta y el arte se suma a la oferta del salón

A las exposiciones previstas dentro del marco de Viñetas desde o Atlántico, que muestran la obra de los autores invitados en esta edición -Chloé Cruchaudet, Ana Oncina, Raquel Córcoles, Mai Egurza, Ana Miralles, Keko, Martín romero, Alfonso Zapico y Joaquín López Cruces-, se van sumando otras iniciativas que surgen en una ciudad que durante el mes de agosto se vuelca con el cómic.

Reflexionar sobre las complejas relaciones entre el mundo del cómic y el arte contemporáneo. Esta es la intención con la que parte la exposición A Metaviñeta que la galería Monty4 inaugurará el día 13 dentro de la programación no oficial del salón del cómic de A Coruña. En ella, podrá verse el trabajo de cuatro de los más destacados autores gallegos -Alberto Vázquez, David Rubín, Manel Cráneo y Guitián- que además han elaborado un cómic que será presentado en una edición de cincuenta copias firmadas y numeradas.

Presentación de «Estirpe»

Por otro lado, este miércoles se presentará en el Kiosco Alfonso, sede principal del salón, el primer adelanto de Estirpe, película dirigida por el coruñés Adrián López. La cinta plantea una ficción sobre u supuesto cómic de la España tardofranquista en el que unos héroes nacionales encabezados por Ciclón defenderán al país de la invasión del Cuarto Reich. Protagonizada por Sergio Peris-Mencheta y Silvia Alonso, la película cuenta en el apartado gráfico con la colaboración de los ilustradores Xurxo G. Penalta, coruñés que ha publicado en Marvel y Dark Horse y que ha realizado los dibujos del cómic en el que se centra la trama, y Álvaro Martínez, responsable de los storyboards de Lo Imposible o X-Men.