«O período de 1974 a 1978 explica a cultura galega da actualidade»

Joel Gómez SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

XOAN A. SOLER

Afirma que «os grupos que saen mellor posicionados da transición ocupan as institucións da autonomía agora»

04 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre el final del franquismo y la aprobación de la Constitución de 1978, «nun sistema cultural galego debilmente institucionalizado e sometido a unha forte tensión política, delimítase o campo e as regras de xogo actualmente en vigor na cultura e na política galegas; podemos afirmar que o período de 1974 a 1978 explica a cultura galega da actualidade», afirma Roberto Samartim, profesor de la Facultade de Filoloxía de la Universidade da Coruña.

El análisis de aquel período es el objeto de su reciente libro Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Literatura e construçom da (ideia da) Galiza entre 1974 e 1978, editado por Laiovento. En este estudio de más de 500 páginas, escrito a partir de la tesis doctoral defendida en 2010 en el seno del grupo Galabra de la Universidade de Santiago de Compostela, Samartim analiza miles de datos obtenidos en revistas culturales, políticas y científicas, en la prensa y en todos los libros publicados en Galicia durante esos años. Además, el libro estudia la implantación y actividad de unas 500 entidades políticas y culturales gallegas localizadas entonces en Galicia y en Europa, América y la península ibérica, describiendo los principales grupos que actuaban en ellas, los programas que estos defendían, sus estrategias de acción y su triunfo o fracaso posterior.

«É un traballo que estuda de maneira integrada literatura, cultura e política. Ten unha forte base empírica e metodolóxica, o que o diferenza doutras aproximacións á literatura daquel tempo. Penso que o libro pode ser útil agora, após 40 anos de monarquía constitucional e réxime autonómico, porque as mudanzas producidas naquela altura axudan a entender como funciona a Galicia de hoxe. Véxase como os grupos que saen mellor posicionados da transición ocupan as institucións culturais da autonomía agora e impoñen desde elas ideas que fan parte hoxe do sentido común maioritario, como por exemplo a cooficialidade subalterna do galego ou a súa relación coa lingua falada e os estándares de español e portugués», afirma.

«A eficacia desas ideas para sustentaren a identidade diferenciada e a continuidade da comunidade galega nunca é avaliada, porque iso podería pór en risco a posición dos grupos que as elaboraron, e estes non parecen dispostos a arriscar esa posición de relativo privilexio, estea esta no centro ou na periferia do sistema», defiende el profesor de la UdC.

Como ejemplo de esto insiste en que «o transitorio acabou por ser estrutural. Elementos que eran colocados explicitamente como provisorios, como puntos de partida, por axentes hoxe nas institucións oficiais da autonomía, como a referida cooficialidade subalterna ou unha ortografía para o galego coincidente coa do español, hoxe son balizas dificilmente discutíbeis até por aqueles grupos localizados na altura na resistencia e que melloraron nalgunha medida as súas posicións e expectativas; e isto acontece a pesar dos retrocesos evidentes no uso e na calidade da lingua», agrega este investigador.

En este estudio se verifica que en el momento central de la transición no existía unanimidad sobre el futuro de la lengua y la literatura gallegas, o sobre la propia identidad del País.

Concluye que «en xeral, as persoas referenciadas en Galaxia, o grupo que partía xa en mellor posición, afianzaron a súa capacidade de incidencia a través de institucións onde xa tiñan presenza destacada, como a Real Academia Galega, e doutras criadas ad hoc na autonomía, como o Consello da Cultura Galega, sobre todo despois do pacto co Instituto da Lingua Galega nos inicios da década de 1980. Outros grupos moi activos na altura, identificados co nacionalismo galego de esquerda e a resistencia cultural, entre os que destaca a UPG, evidencian unha capacidade de adaptación e de incidencia menor, a pesar de teren ocupado campos estratéxicos como o ensino secundario, ou accederen a resortes culturais de concellos e deputacións, sen que isto teña impacto destacado na produtividade e na renovación do sistema, onde propostas innovadoras que podían abrir novas posibilidades para a cultura galega son expulsas para a periferia ou directamente censuradas, xunto con quen as promove».