
A Mesa pola Normalización edita un póster con 40 autores e 24 personaxes da literatura galega
19 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.País das Letras é unha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística para contribuír á oferta de materiais para o público infantil e xuvenil en galego. Trátase dun póster, cunhas dimensións de 70 por 100 centímetros, pensado para ser coloreado. A lámina presenta a corenta autores galegos, xunto con 24 personaxes, nun escenario ideal con anacos de paisaxes urbanas e naturais de Galicia. Tamén contén chiscadelas a monumentos coñecidos de Galicia ou obras de artistas plásticos, como pode ser o caso de Lugrís. O póster compleméntase cun despregable cos rostros de 16 escritoras e 24 escritores, que abranguen un abano temporal que vai de Martín Códax a Begoña Caamaño. No reverso, os personaxes, dende Breogán a Paco Pixiñas, pasando por Balbino ou Felipe de Amancia. As ilustracións son de Miguel Cuba, cun deseño de Diego Núñez e Marcelino V. Cageao. O obxectivo final é divulgar a un tempo a literatura, a lingua e a historia de Galicia.