A autora presenta a presenta a historia dunha fotógrafa experimental que se atopa nunha encrucillada vital e profesional
19 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.A xornalista e escritora Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) gañou a trixésima edición do premio de novela García Barros convocado polo Concello da Estrada. As Ramonas é o título provisional dunha obra que presenta a historia dunha fotógrafa experimental que se atopa nunha encrucillada vital e profesional que lle fai cuestionarse todo. O xurado destacou «o fino trazado das personaxes e a nidia aposta pola forza dos vínculos que veñen da infancia e da adolescencia e tamén da familia e a tribo».
O galardón está dotado con 9.000 euros e a publicación da novela pola editorial Galaxia. Concorreron 19 obras nesta edición. A acción transcorre en interiores de coches como espazo social e está ambientada nas terras de Deza e as viaxes da protagonista a Santiago. As mulleres teñen un papel protagónico fundamental, nun ámbito rural pero nunha visión moderna.