Carvalho Calero terá o Día das Letras por ampla maioría na RAG

Eduardo Eiroa Millares
E. Eiroa LA VOZ

CULTURA

Eduardo Pérez

O intelectual ferrolán levou 21 votos de 23 posibles entre os académicos

22 jun 2019 . Actualizado a las 19:11 h.

Carvalho Calero será finalmente a quen se adiquen as Letras Galegas o ano próximo. Así o anuncio o presidente da RAG, Víctor Freixanes, rodeado pola executiva da entidade na sede coruñesa da mesma. Dos 23 académicos que votaron 21 o fixeron a favor, outro en branco e un máis en contra.

Freixanes quitou importancia ao feito de que, até hoxe, Calero non obtivera ese recoñecemente xa que, dixo, a proposta de Filgueira Valverde presentouse en once ocasións antes de ser aprobada.

No caso de Carvalho, ademais, coincide que cúmprense 110 anos do seu nacemento en Ferrol e 30 do seu pasamento en Santiago. Freixanes, ademais, amosou o seu interese en que a casa natal do escritor sexa recuperada.

Na Academia restan importancia ao feito de que Calero fose reintegracionista. Para o presidente, trátase dunha «cuestión menor» nunha institución na que cada un ten a súa postura pero na que se pode falar de todo, dixo sobre un autor que acadou un amplo consenso e do que o propio Freixanes foi alumno antes de que Calero, en 1972, se convertera no primeiro catedrático de Filoloxía Galega en Santiago.