Samuel L. París vén de crear un poemario a partir dos títulos que lle foron suxerindo a través de Twitter en Instagram
22 abr 2020 . Actualizado a las 12:38 h.a) algunhas persoas propuxeron títulos para poemas nas súas contas de twitter e instagram
b) para cada título proposto, escribiuse un poema
c) é sinxelo, se o pensas
É o libro de instruccións dunha mestura dixital de poesía, retranca, cultura pop galega e sociedade da información. Así pasa Samuel L. París o confinamento, escribindo ao ditado de quen bota a pacer a lingua nas redes sociais. Zero Pedrolo xa se pode descargar de balde a través do seu blog.
Con este novo poemario, o escritor continúa a idea que xa no 2013 o levou a escribir Samoponteatraballar, unha recompilación de poemas nos que se puña o título diante dos bois. Foron tamén persoeiros do Galituiter (os influencers galegos, vaia) os que suxeriron encabezamentos para as composicións a través do cancelo #samoponteatraballar.
(P.S. A retranca non é tan sinxela, se o pensas)