Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O CGAC ampliará a súa colección como parte das medidas de apoio aos sectores artístico e cultural

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

No 2017 o CGAC celebrou os 25 anos da súa colección
No 2017 o CGAC celebrou os 25 anos da súa colección PACO RODRÍGUEZ

Destinará 200.000 euros á adquisición de obras

03 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do plan de reactivación dos sectores culturais e turístico que vén de poñer en marcha a Xunta contémplase unha ampliación da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea como medida concreta de apoio aos creadores do eido das artes plásticas. A iniciativa conta cun crédito de 200.000 euros, englobado dentro dos 620.000 que se destinan ao sector artístico. Outras achegas destinadas a combater os efectos negativos da pandemia na parte máis económica da arte, son ás axudas á creación no ámbito artístico -actualmente en proceso de redacción-, o apoio ás galerías de arte, o Encontro de Artistas Novos -que na edición deste ano serán todos galegos-, unha liña de axudas para asistir a feiras de arte fóra de Galicia e a adquisición de obras. En total, o Goberno autonómico destinará algo máis de dez millóns a axudar á reactivación do sector cultural, cantidade aos que se suman os 5,6 que se enmarcan nas medidas transversais do Xacobeo.

A compra das obras, que pasarán a formar parte da colección do museo, dentro da sección CGAC-Xacobeo, busca beneficiar tanto aos creadores como as galerías. A entidade tamén se beneficia no sentido de que amplía os seus fondos, buscando ademais a amplitude e diversificación da oferta da súa colección. A contía máxima para cada unha das propostas de adquisición será de 14.000 euros, impostos excluídos, aínda que si se contemplan os custos derivados do transporte e a entrega da obra.

Ademais, a Consellería de Cultura subscribiu un convenio coa Asocación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia por 100.000 euros para colaborar e apoiar proxectos expositivos, que se concretarán en 35 mostras de diferentes creadores.