
A escritora ourensá obtén o galardón polo seu poemario «Atlas»
20 oct 2020 . Actualizado a las 15:24 h.Alba Cid (Ourense, 1989) vén de proclarmarse este martes gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, que concede o Ministerio de Cultura e está dotado con 20.000 euros.
O xurado destacou de Atlas (Galaxia) a súa calidade de «reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo». «É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía en que se funde o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma».
Alba Cid é poeta e investigadora. Colaboradora do Diario Cultural e de diversas publicacións, na actualidade encárgase do John Rutherford Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford.