Fugas celebra a Ricardo Carvalho Calero

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Pinto & Chinto

La Voz ofrecerá este sábado o libro «Ricardo Carvalho Calero. Escritor e profesor, galego cabal», un mosaico biográfico de María Pilar García Negro sobre o homenaxeado nas Letras Galegas

29 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A revista Fugas, que se entrega mañá co xornal, homenaxea a Ricardo Carvalho Calero, o autor distinguido polas Letras Galegas no 2020. La Voz ofrecerá este sábado o libro Ricardo Carvalho Calero. Escritor e profesor, galego cabal, un mosaico biográfico de María Pilar García Negro sobre Carvalho Calero, que pode conseguirse polo prezo de 1,95 euros mais o cupón do xornal.

Fugas ofrece unha entrevista coa autora da obra, María Pilar García Negro, que permite afondar na visión da lingua e a cultura que defendeu Carvalho Calero.

«Todas na casa estabamos arredor del, do que necesitase», revela noutra entrevista en Fugas a filla pequena do escritor, María Victoria Carballo-Calero Ramos, que achega a visión máis íntima e familiar do poeta.

O mellor da súa obra e os fitos da súa vida e o seu maxisterio se recollen nas páxinas dun Fugas que recupera artigos do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Carvalho foi un pioneiro da educación na natureza, faceta que salienta outra reportaxe en Fugas.

E o portugués a vía para o futuro do galego?, pon sobre a mesa a revista Fugas, que tamén se fai eco dun concurso que leva ao rap, ao pop e ao metal pezas de Carvalho.