A segunda edición do Festival Virtual do Libro de Galicia debaterá sobre cultura e pandemia

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Unha das mesas redondas do festival abordará a literatura infantil e xuvenil
Unha das mesas redondas do festival abordará a literatura infantil e xuvenil fliv

O encontro contará cunhas 70 persoas que participarán en mesas redondas, coloquios e presentacións de novidades

22 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A segunda edición do Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV), que se celebrará entre os vindeiros días 26 e 28, contará coa participación dunhas setenta persoas que abordarán a incidencia da pandemia no sector do libro e da cultura. Ademais, ocuparase de efemérides arredor de autores como Xela Arias, Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro, así como a celebración do Día Mundial do Teatro. As intervencións terán formatos como mesas redondas, debates ou presentacións de libros, entre outros. Haberá sesións centradas na literatura infantil e xuvenil, a resiliencia na cultura e a relación entre creación e memoria, entre outras. Ademais, o programa conta con recitais poéticos e sesións específicas sobre teatro. Este ano, o FLIV convoca nomes como os de Marilar Aleixandre, Antía Yáñez, Eva Mejuto, Oriana Méndez, Suso de Toro, Berta Dávila, Monti Castiñeiras, Xesús Pisón, Tito Asorey e Inma López Silva entre outros. A cita está dirixida pola escritora Anna R. Figueiredo e conta co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.