Oitenta títulos conforman a primeira selección para os premios Follas Novas do libro galego

L. R. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Quico Cadaval, na gala dunha edición anterior dos premios Follas Novas.
Quico Cadaval, na gala dunha edición anterior dos premios Follas Novas. Paco Rodríguez

«A culpa», de María Solar; «Días de intemperie», de Antón Riveiro Coello; «Non penses nun elefante rosa», de Antía Yáñez; «Os seres queridos», de Berta Dávila; e «O tradutor de sombras», de Moncha Fuentes, aspirantes á mellor obra de narrativa do 2022

10 mar 2023 . Actualizado a las 13:29 h.

Os premios Follas Novas do libro galego, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías, finalizou a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados no 2022, 80 títulos que son un espello do bo momento creativo do sector.

A selección foi realizada polos asociados dos colectivos organizadores. Un xurado formado con persoas de recoñecido prestixio escollerá as finalistas e as gañadoras en cada unha das 13 candidaturas duns galardóns que repasan a actividade literaria e editorial do 2022. A mediados de marzo daranse a coñecer os tres finalistas en cada apartado. O 22 de abril, no teatro Principal de Santiago, nunha gala desvelaranse os gañadores.

Este é o listado de categorías e candidaturas dos premios Follas Novas 2023:

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

A culpa. María Solar. Edicións Xerais de Galicia

Días de intemperie. Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia

Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia

Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia

O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia

A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia

Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia

Mulleres imprescindibles, educadoras na vangarda do século XX. Varios autores. Kalandraka Editora

O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia

Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo. Con biografía de Xurxo Martínez. Alvarellos Editora

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

A nación dos mil viños. Martiño Santos Canosa / Xosé Gontá Sobrino (autores) e Toño Núñez Amigo-Rivadulla (ilustrador). Editorial Laiovento

Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV. Marisa Vidal Collazo. Editorial Galaxia

Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo 1870-1915. Vítor Vaqueiro. Editorial Galaxia

Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia

O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia

Quen son? Crías de animais. Australia. Tándem Seceda, Ester García. Kalandraka Editora

María Casares. Arancha Estévez. Aira Editorial

María Casares fronte ao espello. Sabela Hermida. Edicións Xerais de Galicia

Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña

 

PREMIO Á OBRA INFANTIL

Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia

O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio

O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (lustrador). Edicións Xerais de Galicia

Soños á beiramar. Rosa Estévez Gantes, Rafa Antón. Kalandraka Editora

Trece avisos. Contos para ler pola noite. Paula Carballeira (autora), Iria Fafián (Ilustradora). Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA XUVENIL

A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia

A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia

Curros & Holmes no misterio d'o kapital. Marcos Calveiro. Editorial Galaxia

No bico do vento. Charo Golmar e Olaya Naveira. Ediciones Bolanda

Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia

Sálice e Sándala. Xoán Babarro. Antela Editorial

Trece avisos. Contos para ler pola noite. Paula Carballeira (autora), Iria Fafián (Ilustradora). Edicións Xerais de Galicia

Un elefante na sala de estar. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia

Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora

Os Winkle, máis finos ca un allo. Iván R. Edicións do Cumio

Saínza. A punkiereteira. Cristian F. Caruncho (autora, María Canosa). A Costureira Edicións

Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora

Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador) Edicións Embora

 

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

A estrambótica volta ao mundo en 80 días. Pinto & Chinto. Editorial Bululú

Miquits. Paula Cheshire, Alba de Evan e Xabier Domínguez. Antela Editorial

Miñoca e pega. Iván Raña, Ramón Veiga. Edicións Xerais de Galicia

Os Escachapedras. Marilar Aleixandre e Fran Bueno. Demo Editorial

Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoo, Xosé Tomás. Edicións Embora

Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo. Demo Editorial

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). Varios autores. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora

Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora

Colección Rúa do Lagarto. Euseino Editora

Colección Seica. Edicións Xerais de Galicia

Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). Varios autores. Urutau

Tac, tac, tac. Edicións Xerais de Galicia

Verdemar. Contos pola diversidade. Varios autores. Alvarellos Editora

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

A educación sentimental. Gustave Flaubert/ Traducido por Isabel Soto. Hugin e Munin

Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editorial

Conto ao carón do río. Amantegi Oihane/ Traducido por Isaac Xubín. Editorial Rodolfo e Priscila

Despois do diario de Anne Frank. Bas von Benda Beckmann/ Traducido por María Alonso Seisdedos, Antón Vialle. Kalandraka Editora

Diario do ano da peste. Daniel Defoe / Traducido por Xesús Fraga. Editorial Galaxia

Feminismo de peto. Bel Olid / Traducido por María Alonso Seisdedos. Edicións Embora

Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento

O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Tîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora

Siluetas na area. Isabelle Eberhardt/ Traducido por Fernando Domènech. Rinoceronte Editora.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

Barroco. Antía Otero. Apiario

Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora

Ex_céntricas. Anxela Lema, Sara Villar. Edicións e producións Fetiche

Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia

Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior

Tríptico Ártabro. Ánxeles Penas. Editorial Laiovento

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia

Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora

Donas de nós. Ánxela Gracián. Baía Edicións

Ese silencio. Avelina Pérez. Edicións Positivas

Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia

Pandrama. Afonso Becerra de Becerreá. Edicións Laiovento

Planeta Bugallo. Raquel Castro. Editorial Galaxia

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

A nación dos mil viños. Martiño Santos Canosa / Xosé Gontá Sobrino (autoría) e Toño Núñez Amigo-Rivadulla (ilustracións). Editorial Laiovento

As mulleres que cultivaban néboas. Bea Gregores. Edicións Xerais de Galicia

Até aquí podo contar. A Lingua da Illa de Ons. José Manuel Dopazo Entenza. Chan da Pólvora Editora

Barroco. Antía Otero. Apiario

Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora

Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora

Os cadernos escolares da II República. Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias. Alvarellos Editora

Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo. Edición e estudo de Xurxo Martínez. Alvarellos Editora

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

Canle de Youtube de Neeumatiko

Campaña Municipal de animación á lectura do Concello de Santiago de Compostela

Libraría Cartabón

Ramón Rozas

Surfeando libros

Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña