Galicia estará representada con tres filmes na próxima edición da Berlinale
CULTURA
Representantes dos equipos dos filmes «Matria», de Álvaro Gago, e «Sica», de Carla Subirana mantiveron onte una reunión co conselleiro de Cultura Román Rodríguez
06 feb 2023 . Actualizado a las 19:09 h.Representantes dos equipos dos filmes Matria, de Álvaro Gago, e Sica, de Carla Subirana mantiveron onte una reunión co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Ambos son traballos subvencionados pola Xunta que se estrearán no Festival de Cine de Berlín, onde tamén se presentará Samsara, a nova longametraxe de Lois Patiño.
O responsable de Cultura felicitounos persoalmente «polo gran fito» que supón esta selección e avanzoulles que a súa promoción na mostra será reforzada cun acto especial arredor do cinema galego baixo a marca Films from Galicia. «Galicia está a experimentar unha particular idade de ouro no audiovisual, con grandísimos profesionais en todos os eidos e indicadores como ter por primeira vez tres filmes representados na Berlinale nos falan deste bo momento, que imos seguir acompañando co Plan Xeración Cultura», sinalou Rodríguez.
Recordou, ademais, o «importante volume de negocio e emprego» que está a xerar o sector audiovisual e «o destacado retorno económico e de promoción que experimenta Galicia cos proxectos tan competitivos que se están a desenvolver».