Leilía deixan os escenarios no 2023 tras 34 anos de aposta pola música galega

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

.

A formación compostelá deu en Arzúa o primero dos concertos da súa xira de despedida baseada no espectáculo «Vidas cantadas»

07 mar 2023 . Actualizado a las 15:21 h.

Leilía deixan os palcos este ano. O grupo, que naceu no ano 89 cando seis mulleres se xuntaron co obxectivo de recuperar a tradición oral galega, da inicio á que será a súa última xira logo de 34 anos co seu espectáculo Vidas cantadas.

O pasado sábado 4 de marzo anunciaron a fin de xira nun multitudinario concerto na Festa do Queixo de Arzúa, que mereceu varios minutos de ovación. Ao longo deste ano levarán o seu espectáculo Vidas Cantadas por todo o territorio. Con el pechan un círculo. Retoman cancións do seu vello repertorio e danlle un aire novo. Este espectáculo engloba un sinfín de vivencias que mostra o que Leilía significa para a música deste país.

O grupo integrado por Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez anuncian que será una xira moi especial na que recuperarán temas antigos actualizados coa visión do 2023.