Nace o EmigraSon, un festival de música en galego para emigrados en Bruxelas

CULTURA

The Rapants, nun concerto o pasado verán.
The Rapants, nun concerto o pasado verán. Ana García

Os impulsores do proxecto son cinco galegos afincados na capital belga. O festival terá lugar o vindeiro sábado 25 de marzo e as entradas esgotáronse en quince minutos

21 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega define morriña como o «sentimento e estado de ánimo melancólico [...] causado pola nostalxia da terra», e como sacados desa acepción do dicionario sentíanse cinco rapaces galegos en Bruxelas. Os seus traballos mantéñenos lonxe da casa e, como eles non poden ir a Galicia, fixeron que Galicia fora a Bélxica. De este xeito, organizaron un festival íntegramente composto por bandas en galego que terá lugar o vindeiro sábado 25 de marzo.

«A idea naceu en outubro do ano pasado cando comezamos a falar de facer un espazo de encontro aquí», comenta María Dios, unha das organizadoras da cita. Esta pontevedresa fala con paixón deste proxecto que se xestou simplemente ca vontade de cinco amigos de entre 24 e 27 anos con morriña. «O festival nace con varios obxectivos», comenta. Por un lado queren «achegar a cultura galega aos emigrados que vivimos aquí en Bruxelas», pero tamén queren «demostrar que Galicia existe». «Bruxelas é unha capital multicultural, é o corazón da Unión Europea, por que non vai acoller unha mostra do que é parte das culturas que conforman España?», engade. O éxito polo de agora está demostrado. En so quince minutos esgotaron todas as entradas á venda. A sorpresa foi grande e grata para a organización, máis aínda cando viron que ademáis dos propios emigrados entre os asistentes tamén había galegos que se desplazarán ex profeso a Bélxica para asistir ao festival. «A xente de Galicia tamén está disposta a desplazarse por unha programación de calidade no estranxeiro», apunta María Dios. Para ela foi unha alegría «recibir unha morea de mensaxes de xente de Galicia preguntando polos horarios para cadrar os voos. Hai interese en Galicia de que acontezan festivais íntegramente en galego en calquera parte», analiza.

María Dios, unha dos cinco galegos afincados en Bruxelas detrás do festival EmigraSon
María Dios, unha dos cinco galegos afincados en Bruxelas detrás do festival EmigraSon

Levar a cabo este proxecto non foi tarefa sinxela. «Todos temos os nosos traballos e esto estámolo facendo no tempo de lecer», admite María Dios, que tamén recoñece que é a primera vez que se enfrontan a unha organización de estas características. Considera que o mási dificil foi atopar financiamento, pero que «por sorte, o Parlamento Europeo estanos a apoiar». Detrás desta axuda están os deputados galegos Ana Miranda (BNG) e Nicolás Casares (PSOE), así como a asociación galega de Bruxelas «Couto Mixto».

Cal é a programación do festival EmigraSon?

O evento estará divido en dous días. O venres ás 17.00 h o Instituto Cervantes acollerá No tempo dun café, un espectáculo de oralidade e música, no que se espera «un público máis infantil». Ás 20.45 horas a acción moverase ao bar Kamea, no que se celebrará unha foliada. María Dios pensa que esa será a cita clave para atraer «un perfil diferente, de máis idade e de diversas nacionalidades» ao tratarse dunha actividade de balde. O sábado será finalmente a actuación das bandas galegas, que empezarán a tocar na Salle Embassy ás 16.00 horas.

Que grupos actuarán?

Cinco grupos conforman o cartel desta primeira edición do EmigraSon: Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto e Filloas.

Familia Caamagno son xa un grupo referencia da escena galega. Veñen de actuar en Barcelona, Madrid e, por suposto, todo o largo e ancho de Galicia e serán os cabeza de cartel do EmigraSon. Xunto con eles estará tamén The Rapants, unha das bandas que máis está despuntando nos últimos tempos. Levarán a festa característica dos seus concertos a Bruxelas.

Fillas de Cassandra viaxarán tamén á capital belga co seu disco Acrópole saído do forno hai unhas semanas. Colleitaron un baño de masas no seu concerto presentación na Sala Capitol de Santiago e tentarán repetir acollida no EmigraSon. Berto tamén subirá ao escenario da Salle Embassy cun concepto moi rompedor. O artista, ademáis da súa faceta de cantante foi tamén o produtor do disco de Fillas de Cassandra. Filloas completa o cartel do festival e será o encargado de dar o toque de música urbana no evento.