
O 90 % das librarías participantes -cun total de 102- apuntan un incremento das vendas dun 5 % con respecto ao ano pasado
03 sep 2023 . Actualizado a las 19:42 h.Máis público e mellores vendas, celebra a Federación de Librarías de Galicia, que observa unha suba de asistencia de público na tempada de feiras do libro, que comezaba o pasado 21 de abril en Ferrol e remataba o 26 de agosto en Monforte. Entre elas, as de Santiago, O Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. Son 14 citas cuxo obxectivo é mellorar a conexión entre lectores e escritores (máis de setenta mobilizou a xira) con 641 sinaturas de libros, 81 máis que no 2022, cunha asistencia final de 7.850 persoas, 1.749 máis que no ano anterior. Ademais, o 90 % das librarías participantes —cun total de 102— apuntan vendas un 5 % por riba dos datos do ano pasado.