A aceleradora de proxectos musicais da Xunta e a Fundación Paideia conclúe hoxe en Santiago

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

A escritora Lúa Mosquetera, que xunto a Anxela Baltar presentará o acto.
A escritora Lúa Mosquetera, que xunto a Anxela Baltar presentará o acto. PACO RODRÍGUEZ

Abril, Amoebo, Catuxa Salom, Futuro Alcalde, French Riviera, Javier Lago, Eris Mackenzie, Filloas, Verter Gz, Marián, Candela Liste e Habló Pablo mostrarán os seus proxectos

23 oct 2024 . Actualizado a las 10:34 h.

Esta tarde finaliza en Santiago (Salón Teatro, 19.00 horas) a segunda edición da aceleradora de proxectos musicais Son Emerxente. Trátase dunha iniciativa de emprendemento no eido musical desenvolvida por a Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia través da Axencia Galega das Industrias Culturais con fondos NextGenerationEU,

Nesta edición participaron 12 proxectos da actual escena galega. Concretamente son Abril, Amoebo, Catuxa Salom, Futuro Alcalde, French Riviera, Javier Lago, Eris Mackenzie, Filloas, Verter Gz, Marián, Candela Liste e Habló Pablo. Todos eles servizos de consultoría e mentorización individualizadas en diferentes áreas do negocio musical, así como na creación e gravación dun produto musical e o deseño dun plan estratéxico de lanzamento, ou plan de negocio. Despois diso chegaron ás actividades externas como a participación en diferentes circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical, a nivel galego e nacional, ou o desenvolvemento de actividades de networking e speedmeetings con outros referentes do sector.

O acto desta tarde estará presentado pola guitarrista e cantante do grupo Bala, Anxela Baltar, e a escritora Lúa Mosquetera. No transcurso do mesmo os diferentes participantes falarán da súa experiencia e mostrarán os seus proxectos. Ao remate haberá un showcase do grupo De Ninghures, participante en edicións anteriores.