«A madeira debe ser compacta e ten que ter timbre e melodía». Esa é a clave que ten que cumprir o material básico da gaita galega, como así o afirma Xosé Manuel Seivane. Nos seus comezos os punteiros facíanse exclusivamente coa madeira de buxo -a tradicional galega- pero agora está en perigo de extinción e cada vez hai menos, polo que houbo que recurrir a outras madeiras como ó ébano, ó granadillo ou ó cocobolo, unha madeira vermella do Brasil. En xeral, utilizan tódalas madeiras nobles. No obradoiro de Seivane traballan incluso con madeiras exóticas de Mozambique. Como todo traballo artesanal cada gaita é diferente. Non hai ningunha igual. O propio Antón Corral sinala que «ás veces os propios gaiteiros traen algo seu para poñer na gaita como un trociño de marfil ou de nácar para facelas máis personalizadas». O diseño final está composto por unha serie de madeiras combinadas e sempre ó gusto do gaiteiro. Budiño, alumno de Corral, encárgalle as súas gaitas ó seu profesor e na actualidade ten unha gaita blanca diseñada polos dous. Tanto o modo de facela como a súa afinación variou moito. Antes só había tres tipos de punteiro e agora hai trece distintos. A súa construcción é a mane require paciencia. Nun mes fanse como máximo catro gaitas, unha por semana.