Foron asiduos das salas de festas Campos de Lalín e Moderno de Agolada
18 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.De Terra de Montes, ese recuncho galaico que pariu personaxes que levaron a música e as artes alén mar como Avelino Cachafeiro, Virxilio Viéitez, Chano Piñeiro, Ricardo Portela, Antón Fraguas e mesmo a escritora Nélida Piñón, con raíces en Cotobade, sen esquecer aquelas bandas de música Lavandeira e de Benito. Aladino Barros naceu no lugar de Carballás, en terras de Cerdedo, encima de dous mánollos de herba estendidos, berce preto do monte Seixo e xa sendo un neno acompañaba a Socorro Doporto, súa nai, a misa e as feiras en Cerdedo, os primeiros domingos de cada mes. Seu pai e irmán, Constantino Barros Varela e Isidro Barros Doporto, foron emigrantes na capital de Venezuela.
Ía crecendo e aos seis anos, retratouno Virxilio Viéitez, aquel fotógrafo que chegou a ser considerado un dos grandes artistas en branco e negro. Foi o lado dun taxi de cor negro, para enviar a Caracas. Coñeceu ao pai aos nove anos e seu irmán, nun encontro na Sala Avenida de Cerdedo, onde estaba tocando, na primeira formación musical Gales de España. Aladino xa cumprira os 20.
Comezou a estudar acordeón no ano 1963, con Segunda González Freijeiro, muller de Pepe Poceiro, o da afamada orquestra de Pontevedra. Aos once meses, chegaron á academia uns músicos de Marín buscando un acordeonista e despois de probar a nove alumnos, decidíronse polo rapaz de Cerdedo para integralo nos Gales de España, permanecendo no grupo ata cumprir coas obrigacións militares.
A partir do ingreso no conxunto, iniciou estudos de piano, recibindo aulas de don Ciriaco Juez Rojas, bilbaíno director da Banda da Escola Naval Militar de Marín. Ata quinto ano, examinándose no Conservatorio de Pontevedra, tanto de piano como de solfeo, teoría musical e armonía. Do quinto de piano ao octavo, asistía dúas veces á semana en Madrid a clases co profesor coruñés, Rafael Sebastiá.
O grupo Os Gales de España estaba integrado por Luis Medal Novas, baixista e voz; Xaime González Viceiro, saxo tenor, alto e clarinete; Tomás Abreu Mouco, guitarra e voz; Bibí, cantante e trompeta; Euloxio, batería, ademais de Aladino Barros. Este incorpórase a filas na capital de España no 1967 e tres meses despois formou o trío Los Gigantes. Libre da mili, vinte días despois, chamárono Los Rivers, músicos da Banda Escola Naval Militar e cando chegou aos oídos do baixista de Os Gales de España, mestre nacional, insistiulle que retornara ao grupo para substituír a un portugués que tocaba o acordeón.
Aladino non estaba moi conforme, dado que si regresaba había que ensaiar moito máis, mínimo tres días semanalmente. Sexa como fora, Barros reincorporouse substituíndo igualmente a Xaime González Viceiro nas funcións de director da formación musical, impoñendo a partir desa data, sancións aos que incumpriran as normas. Aos dous meses resistiu só o guitarrista e cantante, Tomás Abreu Mouco, incorporando músicos da súa idade. Enrique Esperón Sobral, batería que infelizmente faleceu no ano 1979; Félix Quintillán, baixista; Antonio Castro, trompeta e cantante; Carlos Froiz Planes, guitarra e voz, os tres de Poio; e o saxo Xosé Fernández Leiro.
A súa presentación
Aladino, xa cun órgano Hanmond, modelo L122 e Leslie 760, alén dunha amplificación Semprini que substituiría dous anos máis tarde por Altec Lansing alen dun equipo de luces. A presentación foi con Eloise, unha canción cantada por Barry Ryan, escrita polo seu irmán xemelgo Paul, e moi sonada na voz de Tino Casal. «Black is black, I want my baby back/ It’s grey, it’s grey, since she went away, oh oh/ What can I do, ‘cause I, I’m feelin’ blue/ If I had my way, she’d be here today…».,
Outro tema de Os Bravos, podíase escoitar en calquera verbena ou salas de festas, onde eles subían ao escenario, igualmente cancións como Todo tiene su fin, El gato que está triste y azul, Un beso y una flor e mesmo Airiños, airiños aires que tiñan que repetir e moitas ocasións.
Días antes do malogrado accidente de Nino Bravo compartiran palco no Xardín Club de Vigo igual que coincidiron con Cristina y Los Stop na sala As Airas de Carballo; Irmáns Benítez, na Miramar de Redondela; Os Pecos en Negreira; Juan Bau, Montouto; Manolo Escobar, Sala Yenka de Caldas de Reis; Hermanos Calatrava, Montesol, As Neves; Antonio Machín, na piscina de Sanxenxo; Os Sírex sala Teucro en Pontevedra; Mari Trini, A Ramallosa 2000 Nigrán; Jeannete, sala Peña de San Xurxo de Sacos; Basilio en Xardín Club; Módulos en Vilanova de Arousa, sala Hermida 5000.
No Xardín Club de Vigo coñeceu a María Esperanza García Pereira no ano 1972 a que se uniu para compartir amor e traballo en diversas empresas.
Hoxe continúan gozando da música e doutros negocios que ten que ver co entorno natural e a paisaxe, tanto na Boa Vila como no seu berce de Carballás en Cerdedo, ese territorio de Terra de Montes que pariu personaxes que levaron a música e as artes alén mar, Avelino Cachafeiro, Virxilio Viéitez, Chano Piñeiro, Ricardo Portela, Antón Fraguas e mesmo Xosé Luis Barreiro a escritora Nélida Piñón, con raíces sen esquecer aquelas bandas de música Lavandeira e de Benito.
Estraños en la noche, Grande, grande, grande, Si no te hubieras ido, Angelitos negros, son entre outras moitas composicións que toca sentado diante dun piano Medeli, un dos instrumentos máis recomendados en Alba Solo Música, un negocio que el fundara na Boa Vila hai case medio século.