La Fundación de Gres celebrou este ano o Día de Xosé Neira Vilas a través das redes sociais

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

XOÁN A. SOLER

04 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Neira Vilas conmemorou onte o Día dedicado ao escritor de Gres. A celebración faise este ano, por mor das restricións da pandemia, de xeito virtual. Convidouse aos lectores a subir ás redes sociais fotos dos libros de Xosé Neira Vilas co cancelo #3novdiadeneiravilas e a etiqueta @fundacionxoseneiravilas.

Poden ser imaxes tomadas na casa, en librerías, bibliotecas ou en calquera lugar. Todas as fotos vanse compartindo nas páxinas da fundación. A través de web e das redes sociais a fundación difundirá tamén unha conversa coa gañadora da edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, Diana Varela Puñal. Nela participan tamén o crítico e investigador Armando Requeixo e o presidente da fundación, Fernando Redondo Neira.

Para hoxe estaba prevista a entrega do premio nun acto que se ía a celebrar no Auditorio de Vila de Cruces e que se suspendeu a causa das restricións da covid-19. Varela Puñal gañou o certame coa súa obra A conxura. Nesta edición concurriron ao Premio un total de quince orixinais, o que supón o maior número e novelas que teñen optado por este premio dende a súa posta en marcha, fai seis anos.

Os orixinais foron avaliados por un xurado formado polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas: Rosalía Morlán e Juan Andrés Fernández, aos que sumábase o crítico Armando Requeixo e o presidente da fundación, Fernando Redondo Neira. O Premio está dirixido a obras inéditas, escrita en lingua galega, e destinadas a un público infantil e xuvenil. Está dotado con 1.000 euros, suxeitos ás retencións correspondentes, á que se suma a publicación da obra gañadora nesta edición.

A data de celebración conmemora o 92 aniversario do nacemento do autor de Memorias dun neno labrego.