A compañía Títeres Cachirulo chega o vindeiro domingo a Carboeiro

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

20 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía Títeres Cachirulo estará o vindeiro domingo 25 de xullo en Carboeiro. Representarán o seu novo traballo Don Gaiferos e o dragón, unha iniciativa que se enmarca no programa A Compostela polas rutas xacobeas, con espectáculos, obradoiros e exposicións. Creada en 1985, Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combinan textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

A cita en Carboeiro será as 18.00 horas no entorno do mosteiro, cun espectáculo para todos os públicos polos que irán desfilando distintas personaxes relacionadas coa tradición do Camiño de Santiago. Dende a concellería de Cultura de Silleda animan á veciñanza a gozar desta proposta para o público familiar nunha xornada que será ademais de entrada libre ao mosteiro, polo Día de Galicia.