«Faremos un concurso internacional no vindeiro Xacobeo Clarinet Fest»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

O ensemble está invitado ao congreso nacional que se celebra en Vigo

13 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Xocas Meijide ultima a programación do vindeiro Xacobeo Clarinet Fest que voltará a celebrarse en Lalín no verán e que conta xa con grupo propio.

—Como vai a edición do 2023?

—Aínda teño que presentar o proxecto ao Concello pero en principio xa o temos pechado co conselleiro e penso que serán as mesmas datas, entre o 14 e o 22 de xullo, aínda que non sei aínda se serán cinco ou nove días. Dependerá do presuposto. Este ano invitaremos moita máis xente a tocar. O ano pasado os estudantes tocaron cinco concertos e foi matador para eles e este ano quero que toquen dous ou tres como moito.

—Algunha novidade en proxecto?

—Este ano faremos o concurso internacional, temos xa case un convenio coa Sinfónica de Galicia e un dos días van a acompañar a un dos solistas músicos de corda da Sinfónica de Galicia. Van dar un premio, que aínda non está concretado, coa Sinfónica de Galicia e outro coa Sinfónica de Barcelona. Queremos que sexa o concurso máis importante a nivel internacional en Europa pero iso leva moito traballo e moitos patrocinios. Depende dos cartos.

—Como serán os concertos?

—Este ano queremos facer máis concertos con corda na Praza da Igrexa con xente da Filharmonía. O ano pasado houbo moitos ensambles de clarinetes e queremos variar un pouco. Que a xente vexa máis corda e penso que pode estar moi interesante que acompañe un cuarteto, un quinteto de corda aos solistas que hai é algo novidoso. Hai que avanzar. Este ano antes de decembro quero ter todo presentado e rematado.

—Está xa pechando participantes?

—Xa falei con varios solistas que van vir e as marcas máis importantes xa confirmaron que van a estar e mandar solistas.

—A semana que ven a teñen completiña co ensemble?

—Si, invitáronnos ao IX Congreso Nacional de Clarinete que este ano se celebra en Vigo do 18 ao 20. O derradeiro foi fai tres anos en Valencia e é algo moi distinto a un festival. Aí están todas as marcas do mundo de clarinetes. Eu estou ca marca canadense Backun e cada marca fai un recital e o derradeiro día invitan a ensambles e nos faremos case que a clausura porque tocamos o Xacobeo Clarinet Ensemble ás 12.30 e ás 13.30 horas é o concerto final co Ensemble Porto e socios de ADEC. Nos invitaron polo que fixemos en Lalín e, sobre todo, por representación do Clarinet Fest. Eu estarei dobremente por Backun cos artistas da marca e polo Clarinet Fest.

—Pero teñen máis citas

—A raíz desto xurdiron varios concertos máis. Un o día 16, ás 19.30 horas no Museo de Belas Artes na Coruña, outro o 17, ás 20.00 horas na Fábrica, en Oleiros e despois en Vigo. Estaríamos encantados de vir a Lalín, pero para nos xa sería inviable porque son tres concertos nunha semana, pero vai ser moi interesante, sobre todo, xa como imaxe do Xacobeo Clarinet Fest. Estarán todos os expositores, xente que coñeceremos.

—Como naceu o ensemble?

—O creei como unha asociación. Somos, por dicilo así, o grupo residente do Clarinet Fest. O ano que ven va ser o carto ano do festival e xa é coñecido a nivel nacional.

—Quen integra o grupo?

— Son case todos alumnos meus do Conservatorio Superior da Coruña. Está tamén Nilo García Armas que é profesor no Conservatorio da Coruña e colabora ao igual que Cheíto (José Taboada Areán) que é o director da Academia e tiña que estar aí tamén. Somos 16, pero é un grupo variable. Facemos música dende oito ata 16 dependendo do repertorio que toquemos.

—Como vai o traballo?

—Estamos ensaiando todas as semanas. Tocamos sen director e iso é outra cousa. Levamos dende o 1 de setembro ensaiando porque tocar sen director require outro tipo de disciplina e moito traballo. Estamos moi ilusionados. Os integrantes viñeron todos a Lalín no verán. De Lalín hai tres. Está Cheíto que vai un pouco alá e está Estela Rodríguez e Marta Iglesias Salgueiro que é de Vila de Cruces.

—Hai rapazas moi noviñas?

—Si, a máis pequena é Marta que ten trece anos. Hai xente moi boa. Está tamén Carla Gómez Iglesias que é da Coruña que gañou xa quince concursos Eu doulle clase dende que tiña cinco anos e agora ten 16. Acaba de gañar a praza na segunda Orquestra Sinfónica de Galicia e chegou a final da Xove Orquestra Europea, que ata xaneiro non saberá o resultado, pero está na final, e son só seis. Carla cando viñen de Holanda foi das primeiras alumnos que tiven. Fan un esforzo tremendo. Estela cando eu non veño a Lalín vai en tren a Coruña dende Ourense para ir a clase.