Antonio Rodríguez Troitiño: «Na FGA estaban a pasar cousas moi graves e non podiamos permanecer calados»

David Cofán Mazás
David Cofán LALÍN / LA VOZ

DEZA

Miguel souto

Considera que «catro anos máis de Iván Corral farían un dano irreversible ao automobilismo galego»

18 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

El próximo 27 de noviembre se celebran elecciones a la presidencia de la Federación Galega de Automobilismo (FGA). A apenas una semana de la cita electoral, la campaña llega a su recta final después de una travesía convulsa. Una cita histórica en la que el lalinense Antonio Rodríguez Troitiño busca poner fin a 40 años de mandato del actual presidente y candidato a la reelección, Iván Corral.

Su candidatura, RenovaFGA, es una declaración de intenciones por parte del equipo que lidera el expresidente de la Escudería Lalín-Deza y alma máter del Rali do Cocido, convencido de que es el momento de un cambio fundamental para la salud del automovilismo autonómico.

—Fixo continuas referencias á necesidade de aumentar o atractivo das competicións e modernizar a Federación en diversos ámbitos. Considera que o automobilismo en Galicia está perdendo adeptos nas novas xeracións?

—O automobilismo é como todo nesta vida: se non evolucionas, involucionas, porque quedarse parado é ir cara atrás. E hai diferentes cuestións cruciais para o futuro do automobilismo galego nas que a FGA quedou obsoleta e non está á altura, e as consecuencias negativas xa comezan a notarse. Por exemplo, coa importancia que teñen a comunicación e as redes sociais na actualidade como canle para chegar aos afeccionados e para xerarlle valor aos patrocinadores, a ausencia da FGA nas redes e a súa política de comunicación, cos famosos comunicados de Iván Corral, son lamentables. Por outra parte, a súa forma feudal de dirixir a federación derivou nun illamento institucional que é moi prexudicial, en continuos enfrontamentos con escudarías e deportistas, en investigacións policiais que manchan e prexudican a imaxe deste deporte. Teño claro que catro anos máis de Iván Corral como presidente ocasionarían un dano irreversible ao automobilismo galego.

—Foi unha campaña moi caldeada, con acusacións de adulterar o proceso electoral e solicitudes de inhabilitación. Cree que se chegou a un nivel de crispación que ameaza con dividir ao automobilismo galego?

—É certo que a día de hoxe o mundo do automobilismo galego está moi polarizado, pero ninguén nos pode responsabilizar a nós de enturbar o ambiente, porque o único que fixemos foi alzar a voz para garantir un proceso electoral xusto, con igualdade de oportunidades, e exercer unha crítica lexítima, de forma contundente pero totalmente respectuosa. Aquí estaban a pasar cousas moi graves e non podiamos permanecer calados.

—Cales son os beneficios de contar co apoio de grandes marcas tanto para pilotos coma para a Federación?

—Durante este ano e medio de traballo, nós sentámonos a falar con moitas marcas, con todas as que quixeron escoitarnos. Froito desas conversas, chegamos a preacordos con algunhas delas, que obviamente neste momento non son máis que unha declaración de intencións, porque o que temos que saber antes de nada é que compromisos ten adquiridos e asinados a federación e ata onde alcanzan. En todo caso, falamos con moitas máis marcas e vemos moi boa predisposición a volcarse co noso deporte se cambia o actual equipo directivo e as súas formas. Un dos nosos principais cometidos é que os ingresos que xeremos con patrocinios revertan en maior medida no abaratamento da práctica deste deporte, tanto para pilotos e copilotos como para as escudarías organizadoras; no incremento dos premios; e na formación e promoción dos novos valores.

—Cal será a súa primeira decisión se é elixido presidente?

—Xa dixen en máis ocasións que non sei se será a primeira de todo, pero si a primeira realmente importante: encargar unha auditoría para coñecer a fondo a situación económica e os recursos cos que conta a federación. Debería ser algo que a día de hoxe calquera federado puidera consultar e saber, pero non é así, porque Iván Corral non pode ser máis opaco e escurantista. E a segunda teño claro que será tomar as medidas necesarias para tentar deixar sen efecto todas as inhabilitacións que Iván Corral promoveu con fins electoralistas.

«Comigo de presidente en 2023 haberá Subida á Estrada»

—Propoñen levar a sede da Federación de Ourense a unha sede máis céntrica. A lóxica indica que o lugar escollido sería Santiago, pero pensa en Lalín ou A Estrada coma candidatas?

—A ubicación final non é unha decisión que xa estea tomada, porque nela poden influír factores como o aforro en alugueiros que poidamos conseguir para a federación. O que si está decidido é que a sede debe estar nun lugar o máis equidistante posible para os federados das catro provincias galegas. É o máis lóxico e sensato.

—Calificou de «caza de bruxas» a decisión da actual dirección de eliminar as subidas de A Estrada e A Pontenova, sen embargo a Federación amparase nun cambio de regulamento dos trazados para o Campionato de Montaña do 2023. Xa anunciou que se é presidente esas competicións volverán ao calendario. Para iso modificará de novo a normativa?

—Voume remitir a unhas declaracións que fixo recentemente un campión da Montaña como Jacobo Senín, que dixo que a Subida á Estrada era unha das súas favoritas e que con este novo regulamento hai outras moitas que deberían caerse do calendario. Todo o mundo sabe que Iván Corral tomou esa decisión por revanchismo e para lanzar unha mensaxe a outras escudarías co fin de amedrentalas. Por iso, agradezo máis que nunca e poño en valor sempre a actitude Valente de escudarías como Estradense ou A Pontenova.

Xa o dixen e reitéroo aquí: comigo de presidente en 2023 haberá Subida á Estrada, Subida da Pontenova e Rali de Noia.

—Por qué é necesaria a figura dun director deportivo da FGA?

—Por qué é necesaria a figura dun director deportivo da FGA?

Eu non quero que estas eleccións sexan un «quítate Iván que me poño eu» Votar a Xeración- RenovaFGA non é votar só a Antonio Rodríguez Troitiño, é votar a un grupo de moita xente que ten moi claro que quere un futuro distinto para o automobilismo galego: máis transparente, máis participativo, máis asequible e tamén máis profesionalizado.

Eu creo que a atención e o servizo aos deportistas, que son os verdadeiros protagonistas e os que pagan todo isto, ten que ser permanente e profesional e penso que é necesario contar cunha figura que sexa un interlocutor e un enlace permanente.