Basilio, camareiro, chegado a Vigo, procedente de Mourentan, terras de Arbo, ladeando o Miño, farturento en lampreas, observa cada tarde noite, desde hai un lustro, detrás da barra, a clientes e personaxes que ocupan as cadeiras do Café Nuevo Derby, un local culinario ateigado a veces de insignes figuras que van deixando pegada nas Artes e Letras, mesmo na política, así como outros que surcan mares, formando parte da familia do restaurador Eusebio Prado, quen non so está convertindo a cafetería nun espazo referente dos xantares, co prato rei o Cocido, senón nun farol cultural da cidade, despois do desaparecido Goya, o outro lado da Rúa Urzaiz, hoxe perfumeria, aquel onde se sentaran insignes figuras da pluma e pincel, tal como «Laxeiro».
O autor de Trasmundo, descansa no Cemiterio de A Romea, a carón de Luisa Villamarín e Lala Prada, no panteón presidido por unha pomba, saída do taller do escultor cambadés de Castrelo, Manolo Paz, máis alguns dos creadores e personaxes que o trataron, son asiduos a Cafetería Nuevo Derby, non esquecendo os faladoiros co artista dezán, acaparando a atención, de uns e de outros.
Bieito Ledo, editor de Xunqueira de Ambía; Avelino Muleiro, fundador e director do IE Carballineses; Alonso Montero, catedrático de Literatura galega e membro da Real Academia Galega, escritor de Ventosela, a beira do Avia; Delio Domínguez, ex membro do Orpheón Treixadura e alma mater do Muíño Vello de Redondela; pintores, Antón Pulido, Xosé María Barreiro, Manolo Ruibal, Orlando Pompeu e mesmo Carlos Emilio, cantautor que acaba de adicarlle un traballo discografico ao pintor lalinense, Unha cantiga para Laxeiro, podemos atopalos na sala de xantar o mesmo que o sibarita, Moncho de San Clodio.
Máis tamén, de cando en vez deslocanse ata cidade la oliveira, para compartillar recetas do restaurador de Mariz ,especialmente, un dos pratos preferidos, cuxos ingredientes constan de carnes afumadas por Pepe Caballero de Viana. Sábeno ben os alcaldes de Saviñao, Xoán Carlos Armesto; Quiroga, Xúlio Álvarez; Sober, Luis Fernández Guitián, así como os capitáns de pesca, Xorxe Sampedro e Bernardo Bon Bon, un elenco hermanado polos fogóns e as artes, especialmente, os cocidos de A Cañiza ou Lalín.
Diz, pintor con berce no País Vasco e rexistro, no Paradanta, hai nove décadas, fillo de Octavia Vázquez e Secundino Diz Prieto, panadeiro oriúndo das terras de Covelo, trasladou a tela, en grande formato a Eusebio, ataviado coa capa da Irmandade dos Viños Galegos, á que pertence, a catedral de Santiago de Compostela detrás, obra patente nas paredes do local, así como outros retratos, como o da inesquecible poeta de Padrón, Rosalía de Castro ou a popular gaiteira de Pravio, no concello de Cambre, Susana Seivane, igual que o autorretrato, realizado na modalidade de «pixelismo», idea aplicada as artes visuais, que nace en 2011 a consecuencia de experimentos e estudios sobre tendencias pictóricas doutras épocas, especificamente sobre o surrealismo e impresionismo.
Sexa como for, Secundino Diz, igual que pinta, escribe textos e poemas, varios inspirados nas cepas e nos bancais de Belesar, caldos servidos nas mesas e na terraza ,a poucos metros da Rúa do Príncipe, onde a veces se sentan o cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas e a súa dona, a xornalista Marisa Real.
Entre bancales y cenobios/dónde sois sacro ríos/dais latido al vino/en menandros escondidos.
O pintor a piques de cumplir anos no próximo 4 de febreiro, expón nestas datas no Circulo de Empresarios de Galicia, na Rúa García Barbón, unha mostra que contou co apoio do restaurador de Mariz, Eusebio Prado, como pode contemplarse na vidreira da terraza, mesmo a carón da mesa que ocupa o nonaxenario, espazo en días recentes na sobremesa, entretívose a pintar o Cocido de Lalín, acontecemento gastronómico que celebrará nos próximos días e cuxo cartel, está deseñado nesta edición por Diego de Giráldez, artista de A Cañiza e vigués distinguido.