Entrada libre hoxe ao mosteiro de Carboeiro polo Día de Galicia

La Voz

DEZA

25 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A celebración do Día de Galicia conleva que hoxe haxa entrada gratuíta ao mosterio de Carboeiro en Silleda. Unha xornada de portas abertas no cenobio románico que pode facerse de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas. O 25 de xullo é un dos tres días, xunto ao 18 de maio e 10 de agosto, no que hai entrada libre a esta xoia arquitectónica e monumental.