Nas comarcas apenas houbo cambios no seguimento do idioma
12 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nas comarcas de Deza y Tabeirós-Terra de Montes o uso do galego resiste nun panorama global de retroceso. A tenor dos datos actualizados do Instituto Galego de Estatística (IGE), case o 80 % dos habitantes da zona empregan a lingua galega de xeito habitual ou máis que o castelán (79,8). Deste xeito, o 20,2 % restante utiliza o castelán con máis frecuencia ou unicamente. Cifras correspondentes ao 2023 que apenas teñen variacións respecto ao anterior estudo de cinco anos antes. Porén, é importante advertir que, aínda que máis a modo que na maioría do país, o uso do galego está decrecendo tamén nas comarcas.
En total son 50.385 as persoas que se comunican principalmente en galego. Pero no 2018 eran 50.720, e se ben é certo que houbo un descenso poboacional, porcentualmente daquela o idioma era empregado polo 81,85 % dos veciños. Así, o castelán gañou terreo ao rexistrar por aquel entón un 18 % de falantes cotiás.
De calquera xeito, trátase dunha das porcentaxes máis elevadas de Galicia. So hai cinco zonas onde se fale máis galego: Ourense Sur (80 %), Lugo Oriental (81,5 %), Coruña Suroriental (82,97 %) e a Costa da Morte (84,9 %). Ademais, Deza-Tabeirós é a área da provincia de Pontevedra con maior uso do galego, e con moita diferenza, xa que a seguinte é a zona de Caldas e O Salnés co 57,6 %.
Grao de coñecemento
O estudo do IGE permite saber cal é o grado de coñecemento do galego na zona tanto na fala como na escrita. Por exemplo, o 42 % expresase mellor falando en galego, pero iso muda cando escribimos, posto que o 46,8 % da poboación asegura escribir mellor en castelán. Con todo, aumenta a porcentaxe daqueles que se desenvolven ben nas dúas linguas, o 46 %, algo que era pouco frecuente unha década atrás. Daquela o 62,3 % dicían expresarse mellor en castelán e so o 28 % en ambas.