Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A compañía estradense Bandullo Azul achegará o sábado ao Principal «Vicki e a felicidade»

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

10 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía estradense Bandullo Azul chegará este sábado ao teatro Principal con Vicki e a felicidade, un espectáculo de teatro, clown e música para todos os públicos. O pase está programado ás 12.30 horas e promete achegar «unha pequena historia para cambiar o mundo». 

A peza é unha coprodución con 42ºN e Malasombra Producións. Conta coa dirección de Marcos Orsi e o vestiario e atrezo é de Diego Valeiras, os mesmos que recolleron candanseu premio de teatro María Casares a pasada semana. O elenco está composto polos actores da Estrada Fran Ameixeiras e Fran Campos. As entradas están xa á venda no departamento de Cultura (3 euros).

O protagonista, Vicki, é un neno ao que lle encanta bailar e cantar. Vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade coa idea de devolverlle a alegría aos veciños. Será unha viaxe chea de maxia, humor e personaxes curiosos que cambiará a vida na aldea.