Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Convocan a oitava edición do Concurso de micropoemas e microrrelatos

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

Cedida

11 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A coordinadora de equipos de dinamización da lingua galega da Estrada, Dinamizaestrada, convoca a oitava edición do Concurso de micropoemas e microrrelatos en lingua galega, que promove a creación literaria en galego entre o alumnado local. Poden participar alumnos de calquera curso. Os microrrelatos deben conter a palabra «cabalos» e os micropoemas a palabra «lindos», escollidas entre os títulos das obras de Xela Arias, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. O prazo de presentación dos traballos remata o 26. Os textos premiados serán recollidos nun libro e os premios entregaranse en xuño na Festa das palabras.