
O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a novena edición da Festa das Palabras. A escritora Rosalía Morlán exerceu de madriña nun acto no que se fixo entrega dos premios aos 62 gañadores do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos organizado polos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino da Estrada. Os autores recibiron un exemplar do libro que recolle as obras gañadoras e un caravel branco. Animou o acto literario a música do grupo Favorita. foto miguel souto