
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, regresou onte ás aulas do que foi o seu instituto, o IES Manuel García Barros. O alumnado escolleu ao rexedor como protagonista da entrevista principal do programa Fala que fala, un espazo co que a emisora Radio Líder leva a radio en directo aos centros de ensino para fomentar o uso do galego entre o alumnado. No programa participou tamén o secretario xeral da Lingua, Valentín García. O rexedor contou que nesas aulas medrou a súa vocación pola política.